Comentarios
A conselleira de Cultura e Deporte recolleu durante a súa visita a Uruguai unha xoia na Cinemateca Uruguaya de Montevideo. Trátase de Tranvías de La Coruña, o máis antigo documental galego que se conserva, que está datado en 1926, que ten unha duración de 16 minutos e ten orixes descoñecidas polo momento.
Unha copia do filme chegará a Galicia despois de moitas décadas para ser depositado, estudado e difundido.
O cinema de correspondencia son os filmes sufragados por colectivos de emigrantes que tiña como obxectivo o intercambio emocional entre os dous lados do Atlántico. Desde a diáspora enviaban gravacións das súas actividades e desde Galiza enviaban filmes sobre a vida no país.
Desde os anos 30 ate os anos 60 circularon entre Galicia e América máis de 70 títulos, sobre todo procedentes de Arxentina, Cuba e Uruguai. O cinema de correspondencia é unha das poucas contribucións singulares de Galicia á cultura cinematográfica, xa que países de longa tradición migratoria como Irlanda ou Italia non dispoñen de materiais semellantes. As figuras fundamentais deste intercambio son, en Galicia, como produtor José Gil Gil, e en América, Elixio González, tamén coñecido como o fotógrafo da colectividade galega.
Esta pequeña película tiene una construcción muy delicada, a pesar de que se muestre en algunos momentos imprecisa o dubitativa, creo que es por un montaje apresurado. Pero, con todo, las aperturas en iris, la ubicación de la cámara alojando diferentes puntos de vista, y la vocación mostrativa ejercen en mí un magnetismo y un cariño especial por esta joya silente del cine documental del estado español.